Páxinas

xoves, 15 de maio de 2014

Madalenas de iogur


Gostades das madalenas? Nesta casa fanse a lo menos unha ou dúas veces ó mes, para non facer sempre as mesmas vou variando e buscando novas receitas. Esta receita atopeina fai uns anos mirando que podía facer cos iogures que tiña para caducar, encantoume e converteuse nunha das miñas "imprescindibles".

Ingredientes:

  • 3 ovos (tamaño mediano)
  • 2 iogures naturais*
  • 4 culleradas (tbsp) de aceite de oliva
  • 200 gramos de azucre
  • 250 gramos de fariña
  • 1 sobre de fermento en po.
  • esencia (usei vainilla)**
*usei iogures naturais sen azucre. Poden utilizarse de sabores, nese caso é mellor pórlle algo menos de azucre para que non quede tan doce.
** a esencia pode ser pel de limón relada, esencia de vainilla, esencia de anís, canela... Se o iogur é de sabores non precisariamos botarlle esencia ningunha.

Preparación:

1- Preaquecemos o forno a 180º (calor arriba e abaixo).

2- Batemos ben os ovos e os iogures.


3- Engadimos o azucre e a esencia escollida e batemos ate que se integre. 

4- Engadimos o aceite e mesturamos un pouco.

5- Imos engadindo e batendo a modo a fariña xunto co fermento, pouco a pouco ate que estea integrada.


6- Colocamos as cápsulas de madalena dentro dun molde e vertemos a masa dentro das cápsulas. Dende hai un tempo para verter a masa nas cápsulas uso unha culler de xeado, ademais de ser cómoda pola forma que ten, axuda a que todas as cápsulas teñan máis ou menos a mesma cantidade de masa.


7- Meter no forno (preaquecido a 180º) durante 25 minutos ou ate que se vexan douradas. Un truco para comprobar que están ben feitas e cravar un espetiño metálico (ou un escarvadentes de pau) no centro dunha madalena e se sae limpo están listas. 





1 comentario: