Páxinas

venres, 9 de maio de 2014

Chow mein de porco


Hai moitas variedades de chow mein, a receita aceita ben cambios, podedes engadir ou eliminar ingredientes ate atopar a vosa combinación preferida. Esta receita de chow mein é a adaptación que fun facendo co tempo dunha receita que viña nun libro de cociña oriental. A cociñar!

Ingredientes: 




  • 125 gr. de noddles de ovo (fideos chinos)
  • 300 gr. de carne de porco magra (usei lombo)
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 cebola nova grande (ou 2 pequenas)
  • 2 dentes de allo 
  • 1 cullerada de aceite de sésamo
  • 2 culleradas de mollo de soia
  • 3 culleradas de viño branco seco (ou viño chino de arroz se tedes)
  • 1 cullerada de perexil picado
  • 2 culleradas de aceite de oliva ou xirasol

Preparación:

Primeiro cortamos e preparamos todos os ingredientes para telos prontos no momento de engadilos ó wok, este prato cociñase rápido e non nos daría tempo entre cousa e cousa ir cortando e preparando. 
Cortamos a cebola en aros, o pemento en tiras, machucamos o allo, cortamos o porco en filetes non moi gordos e pequenos.

1- Poñemos auga a ferver e cocemos os noddles seguindo as instrucións do paquete (todas as marcas non son iguais), escorremos e reservamos.

2-  Poñemos as 2 culleradas de aceite de oliva nun wok e cando estea quente engadimos o porco e fritímolo ate que estea dourado.
3- Engadimos a cebola, o allo, o pemento e a cullerada aceite de sésamo, removemos un pouco e cociñamos uns minutos.


4- Cando vexamos que os pementos e cebolas xa abrandaron, engadimos os noddles (fideos), o mollo de soia, o viño e o perexil.
5- Mesturamos ben os ingredientes, deixamos 3 minutos e listo!

Como vedes é ben sinxelo e ben rápido. Se o probades non vos esqueza facerme chegar foto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario