Páxinas

venres, 2 de maio de 2014

Boliños de leite


Comezo este blogue con unha receita que fago moi a miúdo. Estes boliños son os preferidos para os almorzos nesta casa, leva dous levedados mais é ben sinxela, merece a pena probala. Comezamos!

Ingredientes: 





  • 40 gramos de azucre
  • 60 gramos de manteiga (temperatura ambiente) 
  • 90 gramos de leite morno
  • 20 gramos de fermento fresco
  • 2 ovos medianos (máis un para pintar) 
  • 300 gramos de fariña de forza
  • 5 gramos de sal

Preparación:

Esta receita pode prepararse con batedor eléctrico (con accesorio para amasar), con batedor amasador ou a man

1- Botamos nun bol a manteiga e o azucre.
2- Desfacemos o fermento no leite morno e engadímolo no bol xunto cos 2 ovos.
3- Engadimos a metade da fariña e o sal, amasamos ate que se integre 


4- Imos engadindo o resto de fariña ós poucos ate que a masa quede ben xunta, se quedara pegañenta engadimos un pouco máis de fariña.


5- Collemos un bol e untámolo con un pouco de aceite. Facemos unha bola coa masa e metémola no bol untado de aceite, tapamos con film e deixámola levedar durante 2 horas.

A bola de masa antes e despois do levedado

6- Despois deste primeiro levedado sacamos a bola de masa do bol e amasamos durante un minuto máis ou menos, facemos unha peza longa e cortamos pezas de aproximadamente 60 gramos, dámoslle un pouco de forma a cada peza e colocámolas nunha bandexa de forno forrada con papel para forno con coidado de que queden separadas (aínda teñen que levedar).
7- Con moito tento facemos dous ou tres cortes en cada peza (con unha coitela ou un coitelo ben afiado) e deixamos levedar 1 hora.


8- Preaquecemos o forno a 220º. Batemos o ovo e pintamos con coidado os boliños xa levedados.


9- Metemos os boliños no forno a 220º durante 5 minutos, baixamos o forno a 200º e deixamos outros 5 minutos polo menos, dependendo do forno ou de se os queredes máis ou menos torrados podémolos deixar uns minutos máis.



Feitos! Poñémolos nunha grella ate que arrefríen e a desfrutar deles!

Edito para engadir algo: unha vez fríos podedes conxelalos para comelos noutro momento coma acabados de facer, envólvense en papel de aluminio ou film. Cando os queirades comer só teredes que sacalos un par de horas antes e deixalos desconxelar a temperatura ambiente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario