Páxinas

mércores, 24 de febreiro de 2016

Pan de plátano (Banana Bread)


banaba

Fixen o primeiro pan de plátano un día no que tiña uns plátanos maduros de mais e decidín probar a facer algo con eles. A receita adapteina dunha do libro da pastelería Hummingbird.
Unha vez fixen o primeiro acabouse en nada, e a partires de aí unha vez ó mes fago un. Aí vai:

Ingredientes:

  • 200 gramos de plátano machucado cun garfo (canto máis maduros están os plátanos máis doces vai quedar o pan)
  • 280 gramos de fariña de repostería
  • 200 gramos de sucre de caña escuro integral
  • 140 gramos de manteiga derretida* (no microondas ou nun cazo)
  • 2 ovos
  • 1 culleriña de xenxibre moído
  • 1 culleriña de canela moída
  • 1 culleriña de bicarbonato
  • 1 culleriña de fermento en po
* Podedes substituíla por aceite de oliva ou xirasol.

Preparación:

bananananabatman

- Poñemos o forno a quentar a 170º
- Xuntamos o azucre e os ovos e batemos ben ate que vexamos que está ben mesturado e se derreteu o azucre.
- Engadimos o plátano machucado e seguemos batendo.

bananba

- Engadimos os ingredientes en po (fariña, xenxibre, canela, bicarbonato e fermento), batemos un pouco e engadimos a manteiga derretida. Mesturamos ben.

bananananananbananarama

- Untamos un molde con manteiga, despois poñemos fariña, dámoslle un par de golpiños para quitar o sobrante e vertemos a masa nel.

bananacruda

- Deixamos no forno 1 hora, comprobamos cun palillo ou con un coitelo que está feito (cravamos no centro do pan e ten que saír seco). Sacamos, deixamos cinco minutos e xa podemos sacalo do molde e deixalo arrefecer nunha grella.

banana

Ningún comentario:

Publicar un comentario