Páxinas

domingo, 17 de abril de 2016

Empanadillas asadas de carne


 A masa destas empanadillas e moi sinxela de facer e boa de traballar. Ó facelas no forno  non levan tanta graxa coma na tixola e quedan máis lixeiras. Paga a pena probalas!
Imos primeiro coa masa das empanadillas:

Ingredientes:

  • 375 gr de fariña de trigo
  • 170 gr de manteiga fría cortada en cachos pequenos
  • 75 ml de auga
  • 1 ovo grande
  • sal

Preparación:

Mesturar todos os ingredientes ate conseguir unha masa homoxénea.
empanadilla 1

Formamos unha bola, e deixámola na neveira 30 minutos.
empanadilla 3

Estiramos a masa e facemos discos con un cortador redondo. Para facelo imos collendo cachiños de masa, facemos unha boliña, poñémola entre dous trozos de papel de forno (eu corto cadrados nas que os vou deixando para que queden separadas) así xa non temos que engadirlle máis fariña á masa, cortamos e repetimos ate acabar coa masa. Gardamos os discos na neveira ate que teñamos o recheo listo.
empanadilla5empanadilla 4
empanadilla6
Agora faremos o recheo, nesta ocasión serán de carne:

empanadilla aberta

Ingredientes:

  • 300 gr de carne de terneira picada*
  • 1/2 cebola pequeña picada en cachos pequenos
  • 4 culleradas de tomate natural triturado
  • un chourizo pequeno (se son grandes con 1/2 pode ir ben)
  • sal e pementa moída
  • aceite de oliva
*como consello: mellor que merquedes a carne e a piquedes vós na casa, así saberedes xusto a calidade da carne que ides utilizar, ademais algunhas marcas venden coma carne picada preparados que levan outros ingredientes (aditivos, condimentos…) que poden non ir ben coa receita.

Preparación:

Quentamos o aceite nunha tixola, engadimos a cebola, antes de que se doure engadimos o tomate triturado e remexemos un par de minutos, engadimos a carne picada a sal e a pementa, movemos ate que cambie de cor (non hai que cociñala moito, acaba de cociñarse dentro da masa xa no forno) e sacámolo do lume.
Aparte cortamos o chourizo en dados pequenos, frixímolo e sacámolo a un prato cuberto con papel de cociña para que solte o exceso de graxa.
Xuntamos o chourizo co resto do recheo e xa está listo para encher as empanadillas.
Mentres enchemos as empanadillas aproveitamos para poñer a quentar o forno a 200º. Collede un vaso cun pouco de auga para axudar a pechar os bordes.
empanadilla carne

Poñemos unha cullerada do recheo no disco de masa, mollamos o dedo na auga e pasámolo polo borde, dobramos a masa e pechamos axudándonos cun garfo.
empanadillas 8empanadilla 9
Pinchamos co garfo na parte de arriba (para que saia o vapor en non rebenten ó cociñarse) e imos colocando nunha bandexa forrada con papel de forno. Batemos un ovo e pintamos as empanadillas por riba e xa podemos levalas ó forno.
DSC_0072 (2)

En uns 18-20 minutos estarán prontas (ide mirando a partir dos 18 minutos ate que teñan o punto de dourado do que gustedes)
DSC_0157 (3)

Bo proveito!

empanadilla 11

Ningún comentario:

Publicar un comentario