Páxinas

xoves, 15 de outubro de 2015

Galletas con lacasitos

Imos a outra receita sinxela que non precisa de cousas moi especiais e con ingredientes que case sempre hai por casa. Estas galletas son as preferidas da miña meniña, ademais de que din ben bonitas e están ricas, mamá déixalle axudar a facelas! Imos aló!

Ingredientes:


  • 300 gr de fariña
  • 175 gr de manteiga 
  • 100 gr de azucre branco
  • 100 gr de azucre moreno
  • 1 ovo e 1 xema
  • 1 culleriña de esencia de vainilla
  • 1 culleriña de bicarbonato 
  • 1 chisco de sal
  • Lacasitos ou M&M ou Smarties
 Preparación:
- Mesturamos ben os azucres branco e moreno coa manteiga e a esencia de vainilla.

- Engadimos o ovo e a xema e batemos ben.

- Engadimos a fariña pouco a pouco ate que quede unha masa que se poida traballar coas mans

- Poñemos papel de forno nunha bandexa e imos colocando boliñas de masa, que queden separadas para que ó crecer non se nos peguen unhas ás outras.
- Decoramos cos lacasitos con coidado de poñelos xuntos (a masa estira moito) e non apertalos moito. Este paso fíxoo a miña pinche favorita 💖 como podedes ver.

- Meter no forno (acordádevos de poñelo a pre-aquecer) a 180º e estarán listas en máis ou menos 10 - 15 minutos (depende do forno) cando vexades que están douradas nos bordes estarán feitas.
- Importante: non toquedes as galletas ate polo menos 10 minutos despois de sacalas do forno, xusto cando saen están moi brandas, cando van arrefecendo vanse poñendo máis firmes e xa poderemos pasalas a unha grella para que acaben de arrefecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario