Páxinas

domingo, 22 de novembro de 2015

Linguas de gato



Hoxe volvo con outro clásico. Caseiras ou non, seguro que probastes algunha vez as linguas de gato. Cando fagades esta receita non volveredes a querer das mercadas! Probade, probade!

Ingredientes:

  • 2 claras de ovo
  • 50 gramos de manteiga (a temperatura ambiente)
  • 70 gramos de fariña peneirada
  • 60 gramos de azucre en po peneirada
  • unhas gotas de esencia de vainilla (opcional)

Preparación:

- Poñemos o forno a quentar a 200º.
- Mesturamos ben o azucre e a manteiga (a man e a modo, para non encher a cociña toda de azucre)


- Engadimos as claras e mesturamos sen bater moito, ate que queden integradas (se queredes usar a esencia de vainilla engadídela tamén neste paso)




- Poñemos a fariña pouco a pouco. Pasamos a masa a unha manga (se non tedes manga podedes usar unha bolsa das que se usan para conxelar e gardar alimentos). Pechamos con unha pinza pola parte de arriba e cortamos un pouco a punta pola que sairá a masa.

- Forramos un par de bandexas de forno con papel vexetal e poñemos tiras de masa de uns 5 cm de largo, hai que separar ben unhas de outras porque expanden moito.


- Metemos no forno 5 minutos (ou cando vexamos que teñen os bordes dourados) e sacamos.

- Deixámolas arrefriar nunha grella e despois pasámolas a unha lata ou recipiente hermético, aguantan ben unha semana (se duran ate ese punto, na miña casa desaparecen en nada)

Ningún comentario:

Publicar un comentario