Páxinas

venres, 25 de setembro de 2015

Biscoito de iogur


Pedía o outro día Antía Paz polo twitter unha receita rica de biscoito, acordeime entón da que me parece unha das máis fáciles pero tamén das máis sabedeiras, a do biscoito de iogur clásico, a que se fai medindo os ingredientes co vaso do iogur, aínda por riba leva uns ingredientes que é fácil que teñamos na casa sempre, .  E cas mesmas púxenme a facer un aproveitando que tiña o forno quente.

Ingredientes:

  • 1 Iogur* 
  • 3 medidas de fariña
  • 2 medidas de azucre
  • 1 medida de aceite
  • 3 ovos
  • 1 sobre de lévedo en po
  • 1 cullerada de pel de limón relada (se o iogur é natural, se é de sabor non é necesario)

*natural ou do sabor que queirades, tede en conta que si escolledes un sabor o iogur trae azucre e teredes que quitar un par de culleradas da medida de azucre para que non quede doce de máis.

Preparación:

- Batemos un pouco os ovos xunto co azucre, engadimos o iogur e batemos ben.


- Engadimos o aceite e no caso que escollerades iogur natural, a pel relada de limón e batemos outra vez.


 - Engadimos a fariña máis o fermento en po. Batemos.


- Untamos ben o molde con manteiga, poñemos un pouco de fariña enriba e dámoslle cara os lados ate que quede cuberto todo o molde, cun par de golpiños retiramos a fariña que sobra. Vertemos a masa no molde.


 - No forno pre-aquecido a 180ª metemos aproximadamente 30 minutos, comprobade sempre antes de sacalo que está ben feito, pinchando no medio e ate o fondo cun pincho ou coitelo, ten que sair seco, se sae con algo de masa deixadeo no forno un pouco máis.

- Sacamos, deixamos arrefriar e listo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario