Hoxe volvo con outro clásico. Caseiras ou non, seguro que probastes algunha vez as linguas de gato. Cando fagades esta receita non volveredes a querer das mercadas! Probade, probade!
Ingredientes:
- 2 claras de ovo
- 50 gramos de manteiga (a temperatura ambiente)
- 70 gramos de fariña peneirada
- 60 gramos de azucre en po peneirada
- unhas gotas de esencia de vainilla (opcional)
Preparación:
- Poñemos o forno a quentar a 200º.- Mesturamos ben o azucre e a manteiga (a man e a modo, para non encher a cociña toda de azucre)
- Engadimos as claras e mesturamos sen bater moito, ate que queden integradas (se queredes usar a esencia de vainilla engadídela tamén neste paso)
- Poñemos a fariña pouco a pouco. Pasamos a masa a unha manga (se non tedes manga podedes usar unha bolsa das que se usan para conxelar e gardar alimentos). Pechamos con unha pinza pola parte de arriba e cortamos un pouco a punta pola que sairá a masa.
- Forramos un par de bandexas de forno con papel vexetal e poñemos tiras de masa de uns 5 cm de largo, hai que separar ben unhas de outras porque expanden moito.
- Metemos no forno 5 minutos (ou cando vexamos que teñen os bordes dourados) e sacamos.
- Deixámolas arrefriar nunha grella e despois pasámolas a unha lata ou recipiente hermético, aguantan ben unha semana (se duran ate ese punto, na miña casa desaparecen en nada)
Ningún comentario:
Publicar un comentario